Cervo invita á Festa da Esfollada do Maíz de Rúa o sábado 27

La Voz

CERVO

22 oct 2018 . Actualizado a las 22:34 h.

A parroquia de Rúa, en Cervo, acollerá o vindeiro 27 de outubro a Festa da Esfollada do Maíz. A cita foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a concelleira de Cultura, García Caramés, e varios membros da asociación de veciños de Rúa Candelaria, organizadores da cita. Terá lugar na Antiga Escola ás 16.00 horas coa esfollada do millo. Para ás 20 horas está programada unha cea con empanada e pan da casa, callos, sobremesa, viño ou auga por 6 euros para socios (10 para non socios). Tocarán o Grupo Montreal e o Dúo Zafiro.