Trabajadores de Sargadelos salen en defensa del empresario

Censuran a sindicatos y partidos por «verter falsas acusacións e falar no noso nome»


CERVO/ LA VOZ

Identificándose como «un importante grupo de traballadores e traballadoras da planta de Sargadelos en Cervo», suscriben un comunicado recién divulgado en el que salen en defensa del empresario, Segismundo García, censuran a sindicatos y a partidos por «verter falsas acusacións e falar no noso nome» y dicen «non sentirnos representadas» por la actual presidenta del comité de empresa.

Literalmente, la nota de esos empleados de Sargadelos dice:

«Un importante grupo de traballadores e traballadoras da planta de Sargadelos en Cervo, queremos manifestar publicamente o apoio á Dirección da Empresa no tocante as declaracións na súa contra que  se están a facer por parte de políticos e sindicatos nos últimos días, por iso, ante as informacións vertidas polos medios de comunicación nos últimos días, que ao noso xuízo non se axustan á realidade do que está pasando, queremos facer constar a nosa opinión, que é a seguinte:

1.- Non existe ningún tipo de coacción nin presión por parte da dirección da empresa

2.- Non nos sentimos enganadas en relación as condicións laborais nas que desenvolvemos o noso traballo, cada unha de nós sabía de antemán as condicións, tanto económicas, como de calquera outro tipo nas que ía a traballar.

3.- Ante as acusacións lidas nas redes sociais sobre as axudas públicas recibidas por parte da empresa, este grupo de traballadoras solicitou da dirección este tipo de información, é, que a nós nos conste, a empresa non percibiu ningún tipo de subvención pública, nin autonómica nin estatal, nin para novas inversións nin para axudar a levantar a empresa despois da recente crise económica pola que pasou a compañía.

4.- Así mesmo, queremos manifestar que non nos sentimos representadas por dona Rogelia Mariña Pernas, nin por UGT, nin por ningún outro sindicato nin partido político que a día de hoxe está a sacar rédito da nosa situación. En ningún momento, ningunha destas organizacións se puxo en contacto con nós para saber de primeira man a nosa opinión, aos cales lles pedimos encarecidamente que deixen xa de verter falsas acusacións e de falar no noso nome, que o único que están a facer é botándonos a calle.

5.- No día de hoxe, iniciamos unha recollida de firmas entre os traballadores da planta solicitando aos representantes legais dos traballadores a convocatoria dunha Asamblea de Traballadores que teña como único punto da orde do día a revocación de doña Rogelia Mariña Pernas do seu cargo de Representación legal dos traballadores, xa que a maioría da plantilla que pretende defender non a eleximos no momento da súa elección».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
14 votos
Comentarios

Trabajadores de Sargadelos salen en defensa del empresario