II Quedada e concentración con máis de 300 coches este sábado en Cervo

La Voz CERVO / LA VOZ

CERVO

CEDIDA

As actividades serán no polígono de Cuíñac

27 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Cervo acollerá a II Quedada (KKD) multimarca Astur-Galega este sábado 30 xuño. A concentración de coches, organizada pola asociación local Chatarracing e por Astur-Vag, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, e por varios membros da organización.

As actividades terán lugar no Polígono de Cuíña desde as 10:00 horas, e prolongaranse

durante toda a xornada; alí concentraranse todo tipo de vehículos, de todos os estilos (clásicos, racing, 4x4…).

Villares apuntou que «se trata dun evento co que diversificamos a oferta de ocio do municipio; e desde o Concello sempre estamos dispostos a colaborar e a poñer a disposición terreos, instalacións e infraestruturas municipais para que as direferentes asociacións poidan desenvolver a súa actividade, sobre todo, cando vemos, como é

o caso, o interés que hai por parte deste grupo por programar eventos que atraen aos amantes do mundo do motor, con tanta afección».

A inscrición é gratuíta, e farase ese mesmo día nas propias instalacións. A pasada edición foi todo un éxito de participación, dándose cita 250 vehículos e este ano agardan 300.