"Aprendín solfeo andando coas vacas"

Yolanda García Ramos
YOLANDA GARCÍA CERVO/ LA VOZ

CERVO

XAIME RAMALLAL

Antonio Eijo, "Toñito de Rúa", foi homenaxeado antonte na parroquia natal súa, en Rúa (Cervo) pola Asociación As Espalladoras

19 may 2018 . Actualizado a las 22:45 h.

Antonio Eijo, homenaxeado antonte na súa parroquia natal de Rúa en Cervo por As Espalladoras, é Toñito de Rúa. E de sempre foi peza clave nunha festa ou cerimonia, formando parte dunha orquestra, trío, dúo ou el e o seu inseparable acordeón. Un fermoso instrumento nas mans dun músico humilde que aprendeu a tocar de grandes como, por exemplo, Eladio Maseda. «Tan ben o pasei que tiven momentos difíciles. Estaba nervioso. Foi moi emocionante. Unha cousa para non olvidar nunca», confesa, trala homenaxe á que acudiron unhas 150 persoas. «E iso que por causas de forza maior ?engade? houbo xente que non puido asistir. Como dixen, son a miña familia numerosa que nunca pensei que tiña. Quen contaba con tanta xente e aquel cariño, alegría? E todo saíu bordado!»

?Tocaríalle dar discurso, claro.

?A min tamén me gustaba dárllea as grazas á xente e ás asociacións, sobre todo ás Espalladoras que... Non estiveron ao pé do cañón, senón diante del.

?E a música non faltaría.

?Eu que sei canto tocamos! Veu Lino de Viveiro co seu grupo de acordeóns, viñeron os gaiteiros de Burela de Santo Inocencio de Teixeira aos que teño que dárlle as grazas, aínda que Albano é da familia. Tamén estiveron chavales que andiveron conmigo tocando, Bruno, Servando, Carrete... E un amigo meu, Cándido. Despois viñeron dous acordeonistas máis, que van a clases con Lino, de Celeiro e de Xove. E amigos meus músicos... Pasámolo todos de marabilla!

?Como comezou vostede no mundo da música?

?Eu aprendín solfeo andando coas vacas, que máis queres que che diga... Fun un, nada máis. Díxenlles aos chavales que ten Lino e viñeron: ‘Quen me dera ter a escola que tedes vosoutros dende o primero, que vosoutros podedes chegar a vivir da música e eu nunca puiden chegar a vivir diso porque para vivir diso hai que ser bo. Eu fun un máis’.

?Vostede complementaba o seu traballo dedicándose á música. En que grupos andivo tocando?

?Traballei en Gres Burela, onde me xubilei. Pero fun coa orquestra Maseda, coa orquestra Pena de Ferreira, algunhas veces con outro grupo de Viveiro chamado Conjunto Oriente, outras veces coa Orquestra Venus de Viveiro, que desapereceu... E en orquestras, pouco máis. Tamén no dúo Costa Lucense, que tamén foi trío. Actuamos por aquí e todo arredor, ata Asturias ou Ortigueira. En festas de aldeas moitas...

?De seguro que nin hoxe lle faría falla o GPS para chegar a elas.

?(Ri) Non, non... Chegamos a ir a vodas en Cangas del Narcea.

?Uf, as vodas dan para contar moitas anécdotas. Algunha?

?Cousas de pouca importancia.

?O seu sempre foi o acordeón. É a imaxe que teño súa de sempre.

?O acordeón, sempre. Para empezar a chegar a ser músico, aínda o dixen na casa a mediodía, as primeiras notas de solfeo aprendinas do meu veciño Arcadio; era un músico dunha orquestra que houbo en Rúa. Aos 13 aprendín a tocar. Meu avó, que en paz estea, quería que eu aprendera o acordeón para tocar no salón porque non había músicos para vir tocalo. El dixo: ‘Tes que aprender a tocar e eu xa che darei o acordeón; non hai problema’. Despois daquelas notas que aprendín con Arcadio, fun a Moucide a aprender con Eladio Maseda, que lle ensinou a todos os acordeonistas desta zona... e acordeonistas bos! E de alí saíu o de ser eu músico. Toquei no salón de Rúa ata que xa daba pouco de si. Entón, fun tocar á urbanización de Palmeiro en Xove onde hai un centro social. Aquelo era unha Verxeles en pequeno. E no Moby Dick en Barreiros.

?E seguirá tocando, porque o amor á música non remata.

?Todos os anos invítanme a Penasagudas en Xove e vou tocar a misa polo San Isidoro e pasar o día co eles. Teño unha segunda casa ou aldea alí. En Penasagudas toquei dende os anos 50. Creo que non fixeron ningunha festa que non contaran conmigo e eu acompañara á Compostela, ós Key, á Variedades... Non che falo de calquera cousa!