Véspera das Letras Galegas intensa en San Cibrao


Hoxe?•?Dende as 18.30 horas?•?Praza dos Campos?•?O grupo tradicional A Rebolaxe máis o Concello de Cervo fan unión e forza común coas Letras Galegas, presentando un interesante e variado programa na véspera do día grande. Así, hoxe en San Cibrao, a Praza dos Campos terá suficiente para facer unha escolla axeitada aos nosos gustos. Ou ben, mellor, aproveitar todo o que nos ofertan. Así, ás 18.30 horas haberá, para pequenos e grandes, xogos tradicionais. Ás 19.30, a comer... panceta, chourizos e salchichas, incluíndo sorteo de cesta con produtos típicos e música cos locais A Rebolaxe e os veciños burelenses Dambara. A partir das 21.30 a música non parará e nesa ocasión contará coa presenza enriba do escenario de Carapaus. Dise que menos é máis, pero aquí non. Máis é máis.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Véspera das Letras Galegas intensa en San Cibrao