Mercedes Maseda, artista que expón en Burela: «Pintar sérveme de bálsamo para o meu traballo nun centro de menores»

y. garcia BURELA/LA VOZ

BURELA

CEDIDA

A pintora burelense, educadora social en Vigo, é a autora da exposición «Creaturas» con máis de cen obras que pode verse na Casa da Cultura

09 dic 2022 . Actualizado a las 11:45 h.

«Creaturas» es el nombre de la exposición de acuarelas que la pintora Mercedes Maseda Pernas (Burela, 1977) abrió el pasado día 5 en la Casa da Cultura de Burela, una muestra que refleja su talento artístico para plasmar fachadas de casas, cautivar con retratos como los de Frida Kahlo o Benedicta Sánchez o evocar recuerdos con paisajes icónicos de A Mariña. La naturaleza es una de sus fuentes de inspiración. En la exposición, abierta de lunes a viernes de 11.00 a 13.00 y de 18.00 a 20.00 horas, hasta el próximo 30 de este mes, hay espacio para un photocall para el público, que así puede participar en el sorteo de dos láminas suyas (una del faro de Burela y otra de su colección de mariposario, realizada durante el confinamiento por el covid). Para la artista, de formación autodidacta en el campo de la pintura, el arte es algo más que crear pues en su caso, como educadora social que trabaja en un centro de menores de Vigo, le sirve de vía de escape a su ardua rutina laboral diaria.

«A miña ilusión sería poder vivir disto»

Mercedes Maseda (@eumerche en Instagram) lembra a súa nenez moi entretida tan só «con papel e cores»: «Durante anos so pintaba no meu círculo íntimo, para amigos e familiares que sabían que me gustaba pintar, pero sen darme a coñecer. Dende fai dous anos animeime a ir en Vigo a clases de Ana Soler e a partir de aí tiven a necesidade de pintar máis a miúdo».

_Dedícase tamén profesionalmente ao mundo da arte?

_Non. Son educadora social e traballo nun centro de menores en Vigo. Pintar sírveme de bálsamo para soportar o outro traballo. Pero a miña ilusión será poder vivir disto, da pintura. De momento, axúdame a ter a cabeza entretida e facer exposicións como a de Burela dáme a vida. Nacín en Burela, meus pais foron de O Valadouro e a miña familia segue aí, pero xa levo uns 20 anos afincada en Vigo. Algún día quero volver a Burela porque son de pobo e gústame ese ritmo de vida.

_Xa que ten orixe aos pés do Cantábrico, adoita recrear esceas mariñas na súa obra?

_Si. Teño unha lámina da praia das Catedrais, tamén do Faro de Burela, barcos e lanchas, peixes... Si, o mar e unha das miñas fontes de inspiración.

_Algunha vez tivo que repetir algún encargo?

_Hai veces que che encargan cousas e o resultado non convence, tes que repetir a obra. O que paga, manda. Se me din 'non o acabo de ver' eu non teño problema en volver a facelo.

_Como dixo antes, a súa actividade central laboral está nun centro de menores. Como é ese traballo?

_É bastante esixente. Ademais, as condicións nas que se traballa son bastante mellorables. O trato cos nenos e o traballo diario demanda moita atención e moita entrega. e a veces o que recibes non é o que esperas. O perfil de usario de menores nese tipo de centros cambiou bastante, dende que estou traballando aí. Antes eran máis casos de necesidade, agora máis por problemas de conductas como poden ser autolíticas ou derivadas de problemas familiares, tamén por causa do entorno e do sistema. Vexo que non hai as axudas suficientes para os menores, igual que para os maiores.

«O perfil de usario de menores nese tipo de centros cambiou bastante, dende que estou traballando aí»

_Dalgunha forma, aproveita para trasladarlles esa paixón creativa que leva dentro? Indo máis alá da pregunta, a arte pode servirlles para dárlles algo de luz na vida?

_Sempre lles inculco algo diso, levando as acuarelas ao centro. Hai moitos menores que si canalizan a súa experiencia vital a través da pintura. Os nenos pequenos xa fan cousas que lles sirve para reforzar a autoestima, igual que a min me serve de bálsamo, llelo procuro ofrecer a eles. Non sigo a súa traxectoria vital e tampouco sei interpretar a nivel psicolóxico o que pintan, non o sei analizar a estas alturas, pero si que sei que sirve para ter a cabeza entretida e para centrar a atención, por iso sempre lles estou ofrecendo que pinten. É o que se chama artetearpia. Pensando en alguén a quen a arte lle poidera servir, si que houbo unha nena do centro que se puxo en contacto conmigo para pedirme os seus debuxos de cando era pequena, porque algúns teñen tendencia a regalarchos e fano ademais con cariño. Díxome que ía facer unha exposición, pero logo non me contou máis. Vin que ela seguía e que arte era unha necesidade, que xa saía dela. Hai nenos que teñen ese punto creativo, de canalizar a través da arte, ainda que solo sexa mancharse ou poñer a habitación patas arriba. Despois do cofinamento creo que nos dimos de conta da importante que ten a arte, de ofrecer á xente a posibilidade de ter esas inqietudes, máis alá das rutinas diarias, de explorar a través do mundo da creatividade. Lembro que retratei a Benedicta Sánchez, protagonista da película O que arde, e lembro o que ela dixo por unha vaca, que eu extendería tamén ás persoas: 'Se fai sufrir é porque sufre'.

_Volvendo á exposición de Burela, están á venda os seus cadros da mostra?

_Si, e cada vez máis xente se anima a comprar arte. Aparte das láminas, tamén teño reproduccións á venta en Cinza, na Praza da Mariña, en Burela.