«Estou contenta pola acollida, tiña xa máis de 50 inscritos antes de empezar»

y. garcía BURELA / LA VOZ

BURELA

Xaime Ramallal

La artista burelense Adri Pardo hace real un proyecto que ha sido su ilusión de niña

28 mar 2023 . Actualizado a las 16:53 h.

Confiesa ante esta nueva aventura emprendedora que «isto xa levaba moito tempo na miña mente, pero tamén abrín porque a xente que coñece o meu traballo, mo demandaba, e pensei que era o momento de facelo, xa que dende que tiña dous anos, e me tiraba o día debuxando, ante a típica pregunta de que ía ser de maior, eu dicía que quería pintar e ter o meu estudo». Dicho y hecho, varias décadas después, y el resultado es ManchARTE Academia de Adri Pardo (Burela, 1988) que abrió puertas este lunes en Burela, tras la inauguración el sábado. El comienzo no puede ser más esperanzador para la artista mariñana: «Estou contentísima porque na inauguración houbo moitísima xente, non podo estar máis entusiasmada e emocionada!». Además, agradece «a boa acollida que tiven, con alumnos dende 4 anos ata 60, incluso dende que anunciei que ía a abrir e empecei a inscribir. Sobrepasei os 50 inscritos, antes de empezar». Confirma la frase conocida gallega: «Si, foi chegar e encher».

Ahora confía en que el camino iniciado siga dando tan buenos frutos, ofertando clases algunas mañanas para adultos y por las tardes, más aprovechadas por menores al ser fuera de horario escolar. Compaginará la impartición de clases con los numerosos encargos, sobre todo de retratos, que tiene como artista. Dará clases de dibujo y pintura «principalmente», aunque «a miña idea _continúa_ de cara a máis adiante é mínimo unha vez ao mes facer tamén talleres específicos sobre distintas facetas artísticas. Por outro lado, tamén me interesa que se fagan máis cousas a nivel artístico, como xuntanzas de artistas, algún coloquio sobre arte, actividades enfocadas ao profesorado, etcétera».

Pandemia y creatividad

Sobre si la pandemia ha podido influir para que ya tuviera una notable demanda antes de abrir ManchARTE, Adri Pardo cree que «espertou a creatividade en nós, pero non vén todo a raíz da pandemia, pois a min lévanme preguntando por clases moitos anos. Moita xente confía no meu traballo e creo que foi máis por iso». Defiende que «a creatividade é algo innato e non é so debuxo e pintura, ten moitas vertentes. Todos somos seres creativos, pero hai persoas que teñen máis desenrolado iso». Además, por su sobrada experiencia señala que «o debuxo tamén é unha terapia para moita xente, un momento de desconexión». «Os que nos dedicamos ao mundo da arte, facémolo por darnos a coñecer e cun fin de contar cousas, pero moita xente precisa facer arte como vía de escape no día a día. É a arteterapia ou artecoñecemento. Na miña tese doutoral falo de como a través da arte se podería ensinar todo o coñecemento, como facían no Renacemento. A través do traballo manual, deixámonos levar e trasladámonos a outro mundo. Moita xente precisa da arte, do momento de reconexión, do garabato, da mancha». Es una excelente alternativa, añade, para realizar una «desconexión dixital por completo, pois aquí quitámonos do móbil e do ordenador». En la etapa infantil sería también algo más natural e instantáneo que en la adulta, considera, porque «os nenos son máis botados para diante porque están continuamente creando». «Eu xa lles digo aos papás que aquí vimos a pringarnos de arte en todos os sentidos», finaliza.