Burela aproba a compra de solares na rúa Torques e na do instituto

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

Os terreos superan os 25.000 metros cadrados

05 ago 2022 . Actualizado a las 20:20 h.

O pleno da corporación de Burela aprobou no pleno celebrado o xoves o expediente para iniciar os trámites de compra de solares na rúa Torques e do Instituto, a proposta da alcaldía, para ampliar a rede de servizos públicos na localidade adquirido solo dotacional como primeiro paso. Os terreos superan os 25.000 metros cadrados, onde se poderían ubicar -dix o alcalde, Alfredo Llano-, «novos servizos moi demandados como residencias, instalacións deportivas ou escolares».

«Xa está falado cos propietarios, co cal chegaremos a un acordo satisfactorio para ambas partes, tanto para eles como para o concello», engadiu Llano.

Tamén se acordou declarar festivos locais o martes de entroido e o luns das patronais.