—Que pode adiantar da feira de 2023?
—A edición de 2019 foi extraordinaria, saíu todo o mundo moi contento e anticipando xa que viría para a convocatoria seguinte. Estamos cavilando agora mesmo sobre o necesario preparar unha feira histórica. Tiñamos previsto xa na edición frustrada pola pandemia ampliar o espazo expositivo e seguimos con esa intención, pensamos en acoller en Burela a todo aquel que teña algo interesante que expoñer, tamén co obxectivo de diversificar a oferta o que poidamos. Teremos, coma sempre, a vangarda do sector nun encontro que é unha referencia nacional e que vai ser moi esperado.