—A morte segue a ser tema tabú.
—De sempre, os meus profesores me dixeron que eu era moi existencialista. A morte en si, non a dor, é un final. Paréceme un tema complexo e interesante, igual que o misterio do que hai despois da morte no que entra a relixión. É unha realidade que nos vai pasar, non hai escapatoria de momento. Por iso me parece necesario falar sobre iso.
—Cara onde dirixe os estudos?
—Estou facendo segundo de Bacharelato de Artes e teño pensado irme estudar Bellas Artes, a Valencia. Gustaríame facer algo de Erasmus ou un postgrao fóra.