Chega a Burela «Libre como os paxaros»

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

Teatro do Atlántico actuará o domingo 21 no auditorio municipal

18 nov 2021 . Actualizado a las 20:15 h.

A compañía Teatro do Atlántico revivirá a Rosalía de Castro o domingo 21 de novembro (19.30 horas) na Casa da Cultura de Burela. Interpretará o espectáculo músico teatral «Libre coma os paxaros» nunha escenografía dirixida por Xulio Lago, interpretada por María Barcala que conta co acompañamento musical de Vadim Yukhenevich.

Desde o Concello lembran que esta actividade inclúese dentro do programa de dinamización lingüística #FalaRedes, que ofrece propostas lúdicas e culturais en galego, destinadas a todo tipo de público. O seu propósito é fomentar, normalizar e poñer en valor o emprego da lingua galega, así como apoiar os creadores e artistas que desenvolven o seu traballo na nosa lingua. A entrada será libre ata completar aforo.