Carla Trillo: «Son unha persoa que loita nas carreiras coma na vida diaria»

Ramón González Rey

BURELA

A atleta Carla Trillo, coa vila de Burela ao fondo
A atleta Carla Trillo, coa vila de Burela ao fondo XAIME RAMALLAL

Gañou o Gran Trail Picos de Europa e quedou terceira na Subida al Angliru

12 oct 2021 . Actualizado a las 19:41 h.

A atleta do Club Ría de Foz Carla Trillo (Burela, 1984) viviu os días pasados «unha fin de semana de soño». O sábado proclamouse campioa do Gran Trail Picos de Europa (GTPE), unha proba con 35 kilómetros e un desnivel duns 2.200 metros, que cubriu en algo menos de catro horas e media. O domingo completou en terceiro lugar na categoría para veteranas a Subida al Angliru, 13.000 metros en permanente ascenso.

—Foi unha fin de semana completa. Ten maniotas?

—Completiña, si (ri). Pero estou moi ben, mellor do que pensaba.

—Afrontou dúas probas moi duras en dous días consecutivos.

—A verdade é que fixen as inscricións sen darme conta, non calculei ben as datas e atopeime con que estaba inscrita nas dúas probas. Dicíame a xente: «ti estás tola» (ri). Decidín que, estando en Asturias, pois facía as dúas carreiras e ata onde poidese.