Andrea Vilar, profesora de piano en Burela, seleccionada para un dos centros máis prestixiosos do mundo

Redacción VIVEIRO LA VOZ

BURELA

Andrea Vilar
Andrea Vilar XAIME RAMALLAL

A pianista, de 23 anos, mellorará a súa formación na Academia Franz Liszt de Budapest

03 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Andrea Vilar, ata agora profesora de piano da Escola de Música de Burela, foi seleccionada para mellorar a súa formación na prestixiosa Academia de Música Franz Liszt de Budapest, «un dos centros mais prestixiosos para o estudio do piano do mundo», segundo subliña Xan Carballal.

Para o director da Escola de Música de Burela «esta noticia vén confirmar o bo momento que vive o noso país e en particular a Escola de Música de Burela, no que ao talento musical se refire».

Andrea Vilar López ten 23 anos. Despois de rematar os seus estudos no Conservatorio Xoán Montes, de Lugo, trasladouse a Barcelona para estudar o Superior de Interpretación Clásica e Contemporánea na Escola Superior de Música de Catalunya (ESMUC), título que rematou no 2020 con Matrícula de honra. Despois diso, compaxinou un ano de perfeccionamento da man do profesor Kennedy Moretti en Madrid co mestrado en investigación musical e coa docencia na Escola de Música de Burela. En setembro trasladarase a Budapest.