Otero reivindicou no pregón de Burela o papel da pesca no futuro

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

Pepa Losada

O patrón maior preogoou as festas máis atípicas analizando a falta de relevo xeneracional e de cotas, ou o recorte de axudas

30 may 2021 . Actualizado a las 08:44 h.

Reivindicar o importante papel que debe xogar a pesca no futuro foi un dos tres eixos do pregón co que o patrón maior de Burela, Basilio Otero, abriu este sábado de maneira oficial as festas patronais da localidade, previas ó inicio da costeira do bonito. O tamén presidente da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores iniciou a súa intervención cun agradecemento. «Dar o pregón no pobo é unha honra. E non o tomo só por min como patrón maior senón por extensión por todos os patróns que pasaron por Burela», sinalou Otero, que recordou que aínda que naceu en Nois, no municipio veciño de Foz, leva «toda a vida» vencellado a Burela. Finalmente aproveitou «o altavoz» que lle brindou o pregón para analizar algún dos retos aos que se enfronta o sector tanto no porto burelense coma nos demais. É o caso da falta de relevo xeneracional, da falta de cotas, da potencia dos motores ou dunha posible retirada de axudas a, por exemplo, a compra de combustible. Despois do pregón estaba prevista a actuación do grupo Nostálgica.