Regalan ao Concello de Burela unha foto dos traballadores da fábrica de Cucurny no 1925

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

Gloria de Corneta agasallou á entidade local cunha imaxe histórica da factoría de cerámica

29 abr 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Gloria de Corneta, veciña de Burela moi coñecida e persoa moi activa que foi pregoeira das festas patronais, quixo agasallar este mércores ao Concello de Burela cun cadro moi especial. Trátase dun marco que inclúe unha fotografía dos traballadores da antiga fábrica de cerámica Cucurny, e que foi tomada hai preto dun século, no ano 1925. «Este cadro quedará nas dependencias municipais nun lugar visible e significativo, que decidiremos en próximas datas», subliñou o concelleiro de Cultura, José Díaz, que participou na recepción do agasallo acompañado polo alcalde, Alfredo Llano. Díaz agradeceu o detalle de Gloria de Corneta «En nome do Concello de Burela».