Cortes de tráfico para pintar dúas rúas este luns
en Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

21 feb 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Burela informa que procederá ao pintado de dous treitos das rúas Castelao e Concepción Arenal o luns, 22 de febreiro. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, pide que non se aparque nesas zonas para facilitar eses traballos.

O edil burelés explicou que «os traballos vanse levar a cabo o luns e quizais o martes».

Ramiro Fernández indicou que «se pintará un tramo da rúa Castelao, que se cortará ao tráfico a primeira hora para facilitar todo o posible as labores de pintado. Pedímoslles aos veciños que non aparquen naquela zona, que é o tramo que vai desde Mobles Toxeiro ata o seguinte cruce. En Concepción Areal tamén haberá que facer algún corte de tráfico», sinalaba.