Portos inviste máis de 2 millóns en melloras no peirao de Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

Vista nocturna de parte do porto de Burela, nunha imaxe de arquivo
Vista nocturna de parte do porto de Burela, nunha imaxe de arquivo XAIME RAMALLAL

Rematou a ampliación do espigón de abrigo, licitan o proxecto de dragaxe, busca como aumentar prazas de amarre e estuda o reforzo do dique

19 feb 2021 . Actualizado a las 13:02 h.

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten destinado a melloras no porto de Burela nos últimos meses máis de dous millóns de euros, dos que 1,3 corresponden a actuacións xa executadas e 980.000 euros a actuacións comprometidas en proceso xa de licitación.

Susana Lenguas, a presidenta de Portos, explicou que vén de rematar a obra de ampliación do abrigo do peirao, coñecido como segundo martelo, por 1,2 millóns e xa en servizo. Rematáronse os traballos de renovación da cuberta dos departamentos de armadores, o corte do peirao para facilitar a operativa de atracada para os barcos de maior calado e a reparación da cuberta da nave de Expomar. Queda a mellora da envolvente da nave de redes e están en licitación melloras no control de accesos do peirao comercial rexido polo código internacional de seguridade PBIP, a redacción do proxecto de dragaxe, a solución técnica para o incremento de prazas de amarre na lámina de auga e o estudo para o reforzo do dique.