Burela anuncia obras en el campo de fútbol de hierba artificial

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO BURELA / LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

El concejal de Deportes avanzó la adjudicación de trabajos para iniciar la renovación del cierre del estadio

31 dic 2020 . Actualizado a las 11:44 h.

El concejal delegado de Deportes de Burela, Ramiro Fernández Rey, avanzó la adjudicación de las obras de la primera fase de renovación del vallado del campo de fútbol de hierba artificial, con un presupuesto de 38.000 euros. Serán realizadas por Construcións Cazás, según avanzó el concejal, quien hizo un balance positivo de la apuesta realizada por el Concello en las instalaciones deportivas en los últimos cuatro años, «nos que o investimento ascendeu a medio millón de euros». Fernández Rey también agradeció la colaboración de la Deputación de Lugo, destacando que la Xunta «non puxo nin un euro». 

«Adxudicouse a primeira fase da renovación do valado no campo de herba artificial. Estaba en moi mal estado e necesitaba unha reposición. Adxudicamos ese contrato a unha empresa do pobo, que é Construcións Cazás. É un investimento importante, pero non vai quedar aquí. Nunha segunda fase, que esperamos adxudicar nos seguintes días, imos renovar a outra parte do valado, que conta cunha inversión de máis de 50.000 euros e que ten a colaboración da Deputación, á que queremos agradecerlle ese esforzo económico que está facendo co Concello e particularmente coas instalacións deportivas da Marosa, posto que xa ten feito moita inversión aquí neste ámbito. E o Concello non ten máis que agradecer todo ese esforzo inversor que está facendo a Deputación Provincial nas instalacións da Marosa», explicó el edil. 

El concejal de Deportes anunció que «nos próximos días abrirase xa a licitación da construción ou a renovación da grada do campo de fútbol da Marosa, unha grada que polas inclemencias meteorolóxicas necesitaba unha renovación. Quero pensar que na próxima semana xa sacamos a adxudicación desa obra, que conta cunha inversión de máis de 240.000 euros. Estamos falando dunha inversión importantísima e que vai facer o Concello».

Fernández Rey indicó que «todos os investimentos dos que estamos falando, máis as que se teñen feito nestes últimos catro anos, como poden ser os vestiarios do campo de fútbol, a renovación da iluminación do campo de herba artificial, a renovación da iluminación da pista de tenis, a renovación do peche da pista de tenis e a renovación da iluminación da pista de pádel así como o solo, significan unha aposta moi importante por parte deste equipo de goberno polas instalacións deportivas e particularmente na Marosa (..) Nunca houbo ningunha Administración que metera tal cantidade de cartos nestas instalacións deportivas e creo que é de agradecer, eu como concelleiro de Deportes, ao alcalde a aposta tan decidida que ten polo deporte, e penso que os clubs deben estar agradecidos, neste caso a Sociedade Deportiva Burela, de que o Concello aposte tan potentemente por estas instalacións».

El concejal recordó que «estes últimos días, a raíz destes temporais, levantouse o teito dunha das gradas do campo de fútbol que sufriu danos importantes. Estamos xa traballando na realización dun proxecto para arranxar estas deficiencias. Falamos tamén dunha inversión que vai superar os 15.000 euros e penso que hai que destacar a axilidade, neste caso da oficina técnica, en realizar o proxecto e esperemos que nas próximas semanas poidamos sacalo para adiante (..) Toda esta inversión da que estamos falando hai máis de medio millón de euros nos últimos catro anos, co cal xa nos facemos unha idea da importancia que teñen as instalacións deportivas para este equipo de goberno. Medio millón de euros nos que o Concello apostou firmemente, repito que a Deputación tamén botou unha man moi importante e desgraciadamente a Xunta non puxo un so euro en toda esta inversión. Tivemos contactos coa Xunta e co Xefe Provincial de Deportes, particularmente nos casos da grada e do cerre perimetral, entendo que non é unha decisión persoal, pero tampouco tivemos unha resposta afirmativa para apoiar estes dous proxectos. A Xunta de Galicia, nestes últimos catro anos, non puxo un so euro nestas instalacións deportivas. Penso que hai que destacar o apoio do Concello para todas estas instalacións e tamén da Deputación».