Pedro Fraga, xefe de zona de Eroski Center: «A sección de frescos da nova tenda en Burela será máis potente»

y. garcia BURELA/LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

Abrirá este xoves dende unha localización coa que gaña en aparcamentos e superficie, no polígono de Perdouro

24 nov 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

É unha aposta forte a que fai o grupo Vegalsa-Eroski coa apertura este mesmo xoves dun novo Eroski Center en Burela, duplicando así a oferta actual dese tipo de centro na localidade e ampliando a mariñá, sumando ao dous en Ribadeo e un Viveiro, xa existentes. O sector da distibución alimentaria da Mariña verase, por tanto, moi reforzado agora dende o polígono industrial burelense de Perdouro.

—Que carácter diferenciador ten o novo Eroski Center con respecto aos outros desa liña?

—É moito máis potente, ten máis metros, máis párking...

XAIME RAMALLAL

—Cal é o porqué desta apertura, e máis na situación a vivir?

—Era unha necesidade, no sentido en que estratexicamente necesitabamos unha tenda grande e con párking, máis cómoda. Ese foi o motivo polo cal buscamos esa ubicación. Ademais, Burela sempre foi un pobo que nos apoiou moi ben, dende o principio. Consideramos facer o investimento aquí, para dárlle tamén un bo servizo a toda a zona, non soamente a Burela, senón tamén aos arredores. Burela é unha ubicación estratéxica, pois está no centro da Mariña.

—Incorpora algunha novidade aos Eroski Center xa coñecidos?

—Unha sección de frescos cun desenrolo máis potente, pois imos a traballar directamente dende a lonxa de Burela cun comprador. Un dos valores vai ser ese. Outro, un párking cómodo con 150 prazas grandes e o 90% do aparcamento cuberto. Ecoloxicamente, tamén é unha tenda moi desenrolada pois as emisións de CO2 van ser moi inferiores ás dunha tenda convencional. Outra novidade, hai un túnel que pasa por detrás, para a sección de frescos, co cal cando chega o camión non se rompe a cadea de frío, pois descarga directamente nese túnel, que xa está climatizado. Leva moitas pequenas novidades pero esas serían as importantes.

«O ano pasado foron máis de 350 millóns de euros de compra de Vegalsa-Eroski a provedores galegos. Son cifras brutais, e este ano van ser máis maiores. A aposta polo local de Vegalsa-Eroski é extraordinaria»

—Era unha aposta que xa estaba pensada antes da pandemia?

—Estaba previsto e quixemos cumplir co compromiso. Non é o mellor dos momentos, pero para a distribución non é o peor. É un sector que está aguantando ben a pandemia, o tirón. Traballamos tamén moito no tema das restriccións e facemos moito fincapé nas medidas de seguridade.

XAIME RAMALLAL

—Cando foi a primeira incursión de Eroski na comarca?

—O primeiro que se abriu, no 1998, foi en Burela, cando a fusión de Vego Supermercados co grupo. Ao longo dos anos fomos collendo a confianza total dos mariñáns. A zona é, agora mesmo, un valor para Vegalsa Eroski porque temos a Mariña bastante ben cuberta dende Ribadeo ata Viveiro e ogallá sigamos traballando noutros proxectos. Traballamos con provedores locais e con producto, máis que da Mariña, de Galicia. A empresa está moi enfocada á compra de produto galego. O ano pasado foron máis de 350 millóns de euros de compra de Vegalsa-Eroski a provedores galegos. Son cifras brutais e este ano van ser moito máis maiores. A aposta local de Vegalsa-Eroski está sendo extraordinaria. Botouse unha man a moitos sectores.

XAIME RAMALLAL

Dedica 1.747 metros cadrados á venta ao público e empregará a 50 personas

A sala de ventas, ao público, do nuevo Eroski Center de Burela, explica Pedro Fraga, conta cunha superficie de 1.747 metros cadrados. Sitúase no polígono industrial burelense de Perdouro. Sobre a localización, suliña, «a ventaxa é que está na entrada do pobo, cerca da rotonda que vai ao centro, ao porto, ao Hospital Público da Mariña... e o que se despraza en coche o que quere é unha boa oferta de aparcamentos». A nivel laboral, empregará a 50 persoas e sumando ao persoal do outro Eroski de Burela, alcanzará unha cifra de case un cento de postos de traballo xa só a nivel local. Fraga agarda que a apertura sexa un «éxito» e repercuta na campaña navideña, «cando a xente consume máis e é unha época, ademais, moi orientada á sección de frescos. Por iso temos un gran desenrolo nela, cunha froitería superlativa, carnes, peixes, etcétera...».