O barco museo Reina del Carmen de Burela estará no varadoiro ata o mércores


BURELA / LA VOZ

O barco museo Reina del Carmen, de Burela, atópase no varadoiro para a realización das tarefas de mantemento e a posta a punto de cara ao inicio da tempada estival. Por este motivo, segundo informan desde o Concello de Burela, non haberá visitas ata o vindeiro martes ou mércores.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, explicou que «o barco museo é un dos grandes atractivos turísticos cos que contamos en Burela e ten que estar en perfectas condicións agora que estamos a piques de iniciar a tempada estival. O 1 de xullo xa empezaremos co horario de verán, que vai comprender de martes a domingo e o único día que vai estar pechado será os luns para darlle descanso ao persoal. O horario de visitas será ás once, ás doce e á unha polas mañás, e ás cinco, ás seis e ás sete polas tardes».

As medidas de seguridade estarán moi presentes durante o verán: «Baixamos a dez o número de persoas que poidan participar en cada visita, cando antes eran 25. Como dentro do barco non se pode gardar a distancia, pedímoslle á xente que use mascarilla. Ademais contamos con xeles hidroalcohólicos para todos os visitantes».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

O barco museo Reina del Carmen de Burela estará no varadoiro ata o mércores