Solidariedade en imaxes en Burela

La Voz

BURELA

01 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Do 2 de decembro ao 9 de xaneiro poderase visitar na Casa da Cultura unha mostra fotográfica realizada por mulleres que amosa o proxecto de auga en Guinea-Bissau. Titúlase Mindjer di Guiné. A ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade , entidade da que forma parte o Concello de Burela, facilitáronlles o abastecemento de auga aos 1.824 habitantes da localidade de Carantaba, no norte de Guinea-Bissau. O proxecto incorporaba un obradoiro de introdución á fotografía para as veciñas cuxo resultado pode verse na exposición Mindjer di Guiné, que se amosará entre o 2 de decembro e o 9 de xaneiro. O horario de apertura será de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas, agás entre os días 26 e o 3, que será de 9 a 14 horas.