O Burela FS ofrece autobús e entrada aos socios para ver este sábado o Lugo-Huesca

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

Daniel Marzo

16 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A familia laranxa poderá apoiar ao CD Lugo este vindeiro fin de semana no estadio Anxo Carro no seu apaixonante compromiso co terceiro clasificado da Liga SmartBank, a SD Huesca, este sábado día 19 de outubro (18.00 horas).

«Se es soci@ do Pescados Rubén Burela FS podes facer a túa reserva ata o xoves 17, ás 14.00 horas (desprazamento en autobús e entrada), na sede do club ou a través de burelafs@burelafs.org//982581815», informan desde a entidade laranxa.

«Se non es abonad@ laranxa, podes consultar con nós a dispoñibilidade de prazas. A hora de saída de Burela será ás 16.00h. O lugar, a estación de autobuses. O partido, como dixemos, entre o CD Lugo e a SD Huesca é ás 18.00 horas.

O regreso está previsto para cando remate o partido».

Grazas ao convenio de colaboración entre o Pescados Rubén e o CD Lugo, os socios teñen estas vantaxes.