Preocupación en O Vencello «polo aumento da inseguridade en Burela»

S.C., D.G. BURELA / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

Desde la asociación vecinal envían sendas cartas al Concello y a la Guardia Civil

09 oct 2019 . Actualizado a las 18:51 h.

Desde la asociación vecinal O Vencello expresan su preocupación «polo aumento da inseguridade cidadá en Burela nos últimos meses». Preocupación que hacen patente en sendas cartas enviadas al Concello de Burela y a la Guardia Civil de la localidad.

«A Asociación de Veciños O Vencello de Burela vén de recibir numerosas inquedanzas por parte dos veciños con respecto ao incremento da inseguridade cidadá na nosa vila durante os últimos 2-3 meses, onde se produciron diversos actos violentos contra persoas en varios lugares do noso concello e que esperemos que sexan algo illado e puntual», manifiesta en nombre de todos ellos el presidente, Alfredo Rapa.

«Sendo conscientes -añade- de que tanto a nosa Policía Local como o resto dos corpos de seguridade do Estado (Garda Civil) están a facer un moi bo traballo diario no que respecta á tranquilidade e seguridade da nosa veciñanza, os acontecementos recentes fan que se instale unha certa intranquilidade nos nosos veciños á hora de andar por determinadas rúas, zonas e espazos do noso concello. Sendo tamén conscientes de que os recursos son limitados, dende a Asociación gustaríanos incidir en que se fixera aínda máis fincapé na vixilancia na nosa vila a fin de acabar con todas estas accións que poñen en perigo o benestar e o día a día dos veciños, principalmente de persoas de idade avanzada, máis indefensas e vulnerables ante actos de violencia e forza».

«De aí -continúa el presidente de la asociación- que demandemos do equipo de Goberno e da Garda Civil pór tódalas medidas á súa disposición, así como facer os trámites necesarios para conseguir que se aumente a vixilancia no noso concello e devolverlle aos nosos veciños a maior tranquilidade posible antes de que os acontecementos cheguen a un punto de non retorno que xa sexa moito máis difícil de controlar e solucionar», concluye el comunicado o carta de la asociación local O Vencello.

«Acontecementos recentes fan que se instale unha certa intranquilidade nos veciños á hora de andar por determinadas rúas, zonas e espazos do noso concello»