Os socios poden retirar esta tarde os carnés, teñen a maiores un abono reducido para seis partidos do Lugo

S.C. BURELA / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

14 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Os socios/as que aínda non recolleran o carné de abonado do Pescados Rubén Burela FS para esta tempada 2019-20 poderán facelo hoxe na taquilla de Vista Alegre, coincidindo coa estrea ligueira en Vista Alegre.

Lembramos, 16.15 horas, TVG2, Pescados Rubén Burela FS-Poio Pescamar. E 20.30 horas, primeira LNFS, Pescados Rubén masculino ante Industrias Santa Coloma.

Desde o clube lembran tamén que esta tempada, os socios laranxas poderán gozar ademais do fútbol de Segunda División no estadio Anxo Carro accedendo a un abono reducido para 6 partidos ao longo de toda a tempada (Adult@ 50 euros// Infantil -5 a 14 anos- 15 euros- Fondo Sur), e con todas as vantaxes do socio do CD Lugo.

Tarde de fútbol sala, tarde laranxa hoxe no pavillón de Vista Alegre de Burela.