«Este clube está levando o nome de Burela polo mundo»

S.C., I.D. BURELA / LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

Alfredo Llano, alcalde burelense: «É un orgullo para nós»

14 sep 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde burelés, Alfredo Llano, recibiu onte no concello ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FS, ao equipo técnico e aos directivos. O rexedor felicitounos polos últimos éxitos, extraordinarios, en España e a máis en Europa.

«É un acto máis de recoñecemento a estas rapazas que están poñendo o nome de Burela en todo o mundo. Estamos súper orgullosos de que isto sexa así e as perspectivas para esta tempada son que sigan logrando éxitos. Desde o Concello queremos recoñecerlles ese mérito e ese labor que fan por Burela, que eu penso que ten que ser compartida por

todos os veciños e veciñas do concello porque este labor de promoción do pobo que están facendo non se paga con cartos, desde logo, e que menos que ter un recoñecemento con elas e intentar axudarlles en todo o que podemos desde o Concello», descatou o alcalde.

Un Alfredo Llano que, por certo, amosábase afectado polas inundacións e mortes en Murcia e zonas próximas, xa que hai unha semana el mesmo estaba coa familia onde se rexistrou antonte esa catástrofe provocada pola tromba de auga.