«Os cambios deste ano son moi beneficiosos»

a. v. m. / s.o. BURELA / LA VOZ

BURELA

17 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Dende a alcaldía de Burela, con Alfredo Llano á fronte, ven neste un ano moi importante para o Osa do Mar, pois inclúe novidades que poden marcar a diferencia para o espectáculo e para a localidade.

-Que representa social e economicamente o festival en Burela?

-Ofrece unha ampla variedade de estilos musicais, o que convirte a Burela nunha referencia social e cultural. Economicamente, esperamos moita xente en Burela ao caer o festival nas datas da ponte, o que nos beneficia moito.

-Que destaca desta edición?

-A clave deste ano está en que o Acia local toma parte na organización. Deste xeito, os concertos levan sucedéndose durante todo agosto nos establecementos de Burela, algo bo para o noso comercio. Por outro lado, algúns concertos desta edición son no porto, o que amosará aos visitantes os nosos productos do mar.

-Cal é o papel do Concello?

-Colaboramos no necesario, pero a alma desta festa é a Asociación Fanto Fantini e os veciños, que a desfrutan enormemente.