Rubén Blanco, campión do torneo de tenis de Burela

s. c.
burela / la voz

Rubén Blanco foi o campión absoluto do torneo de tenis Memorial José Luis Yubra que se celebrou en Burela. Na categoría Sub 15 a campioa foi Valentina Blanco; na categoría de 16-17 anos o gañador foi Alejandro Tripiana; en dobres os vencedores foron Chus e Rubén; o trofeo de consolación absoluto foi para Alejandro Tripiana e como campión individual absoluto proclamouse Rubén Blanco.

No acto de entrega de premios polo Concello participaron o alcalde, Alfredo Llano, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, quen destacou a alta participación que se rexistrou neste torneo. Ramiro Fernández tamén felicitou aos organizadores, os membros do Club de Tenis de Burela.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Rubén Blanco, campión do torneo de tenis de Burela