Lacón, bonito de Burela e pemento de Mougán, nas Exaltacións Gastronómicas

BURELA

Pementos de Mougán
Pementos de Mougán ALBERTO LÓPEZ

Pratos especiais en 23 concellos da provincia, entre os días 19 e o 28

16 jul 2019 . Actualizado a las 12:13 h.

Do 19 ao 28 • 

Medio cento de establecementos de 23 concellos da provincia participan nunha nova edición das Exaltacións Gastronómicas, que organiza a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), co apoio da Deputación. Os produtos protagonistas nesta ocasión serán o pemento de Mougán, o bonito de Burela e o lacón galego. Deste xeito, os locais participantes introducirán pratos con estes produtos, acompañados de pan e galletas Daveiga, viño DO Ribeira Sacra e augardente e licores.

Cada mes, realizaranse estas xornadas gastronómicas exaltando diferentes produtos da provincia.

Locais participantes

Os establecementos asociados participantes son: Val, de Antas de Ulla; O Asador, de Barreiros; A Lonxa, Cervecería Kiko e Casa Miranda, de Burela; Río Lea, de Castro de Rei; Río de Oro, de Cervo; Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería, de Chantada; Cantábrico e Complejo O Piñeiral, de A Fonsagrada; Casa Damián, O Lar, Xoyma e Hotel Leytón, de Foz; Casa Benigno, de Friol; Casa Gaibor, de Guitiriz; Campos, Casa Paco, Mesón de Alberto, Manuel Manuel, Os Cachivaches, Porta de Santiago, Casa María, O Cincuenta e Seis e Canedo, de Lugo; A Horta de Paula, de Mondoñedo; Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, de Monforte de Lemos; O Rincón e Parada das Bestas, de Palas de Rei; Rectoral de Castillón, de Pantón; Sabe, do Páramo; Casa García, de Pedrafita do Cebreiro; San Briz, da Pontenova; Parrillada Casa Torres, de Quiroga; O Lar de Manolo, Parador de Ribadeo, El Oviedo e A Mirandilla, de Ribadeo; Ponte Ribeira, de Sarria, e Parador de Vilalba, Montero e Mesón do Campo, de Vilalba.

Toda a información pode consultarse en www.eparacomerlugo.com ou www.deputacionlugo.gal.