Estudantes mariñáns, entre os mellores expedientes do pasado curso académico

s. c. VIVEIRO / BURELA / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

Noah Posada, alumna de Burela, recibiu unha bolsa da Fundación Amancio Ortega

05 jul 2019 . Actualizado a las 22:40 h.

Estudantes mariñáns recolleron tamén en Santiago os seus diplomas por teren os mellores expedientes do pasado curso (nota media de 9 ou máis no bacharelato e na ABAU).

Por exemplo, o IES Monte Castelo estivo representado por tres alumnos, xunto a familiares e representantes do centro. Os estudantes son Manuel Rubiños, Ana Díaz e Martín Rodríguez; como representante do centro foi Esperanza Pernas, vicedirectora.

Antón Mazaira, Teresa Crego, Angel Cayón e María Basanta Rañón foron os catro alumnos de 2.º de bacharelato do IES Perdouro de Burela. Tamén foron de Mondoñedo, Foz, Ribadeo e Viveiro.

Por outra parte, Noah Posada, alumna de 4.º da ESO do IES Perdouro de Burela, recibiu unha bolsa da Fundación Amancio Ortega para estudar nos EUA.