A Feira do Bonito, Festa de Interés Nacional

sociedade recreativa cultural ledicia OPINIÓN

BURELA

06 jul 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

E que di Ledicia de todo este barullo? A Feira do Bonito naceu no seo de Ledicia no ano 1983 ... xa choveu. Do grupo de persoas que a botaron a andar, destacan catro nomes que nos gustaría citar: Angel Rodríguez, presidente da asociación nese intre (e durante os primeiros 20 anos da asociación), Jesús Gómez Lareo, membro da xunta directiva e gran impulsor da feira, Federico Ruiz, director da cociña e creador da salsa que acompaña o bonito asado e lle dá ese toque especial; e Lucio Palacios Salvador, colaborador e autor do cartel da primeira feira, entre outros. Mirando ese cartel polo miudo, podemos ver ...«24, 25, 26 e 27 de agosto», o 27 reseñado en vermello porque ese era o día do bonito; os anteriores estaban adicados ás xornadas de teatro, baile e música tradicional organizadas pola asociación. O bonito foi o remate da festa. A relación de Burela co Bonito era tal, que co patrocinio inicial da Confraría de Pescadores e o From, e o traballo d@s voluntari@s de Ledicia a festa raizou e comezou a medrar. Mudaron os tempos e os organismos oficiales e o modo de colaborar, pero Ledicia perseverou na loita, e pasados máis de 30 anos a Feira sigue aqui. Continúan as visitas a diferentes despachos de empresas e organismos, continúan os quebradeiros de cabeza e continúa sobre todo o traballo da xente impulsado dende Ledicia, pero aberto a todalas mans. A Feira ten máis anos dos que Burela ten como concello, ningunha das partes por si sola sería hoxe en día capaz de levala adiante, deixou de ser un complemento para ocupar -arroupada con outras actividades- un lugar importante no verán de Burela e da Mariña de Lugo, necesita de todos para manterse viva. GRACIAS ás persoas que dende S.C.R. Ledicia inciaron o camiño, sementaron ben.GRACIAS ás empresas que confían en nós e agardan cando é preciso. GRACIAS ás autoridades que en cada momento souberon ver o potencial da Feira. GRACIAS á veciñanza e ás persoas que nos visitan ano tras ano. GRACIAS a tódalas mans que traballan na Feira independentemente das suas ideas. O traballo en conxunto deu e da como resultado a Feira do Bonito que coñecemos, que trata de mellorar paso a paso, que fai de Burela un punto de referencia, que non esquece de onde ven, que atopou no Bonito unha bandeira común que ten como base o amor pola terra e polo mar que nos axudou a medrar.