«A pulpería será outra forma de atraer xente á festa Castrexa»

Lucía Rey
lucía rey BURELA / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

Destaca o atractivo turístico e cultural que supón a celebración para animar a visitar Burela

28 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Burela «viaxará» hoxe e mañá ao pasado máis lonxano para revivir a época dos castros, na que as xentes da zona habitaban construcións de pedra con teito de palla, e vestían peles e coiros de animais. Un dos burelenses que ten todo a punto para gozar da Festa Castrexa é o alcalde, Alfredo Llano, quen este xoves confesou que xa tiña o traxe a punto para o desfile de clans que esta noite (21.30 horas) abrirá unha celebración que chega á súa oitava edición. «Está preparado porque vou desfilar. Pertenzo ao clan das Cabras, que deriva da asociación de sendeirismo Pasada das Cabras», sorrí o rexedor.

-Que supón para Burela a Festa Castrexa?

-É unha das festas que ultimamente está collendo singularidade por unha cuestión identificativa da historia de Burela, onde a cultura castrexa ten moito que ver. Tratamos de dimensionala véndoa como algo que pode ir agrandando ano a ano. É un atractivo turístico e cultural para visitar o noso concello.

-Como valora a participación?

-Hai moita. Entre as novidades haberá xogos clásicos relacionados coa busca do torques, teatro..., e a pulpería será outra forma de atraer xente á Castrexa, que é boa para o comercio, a hostelería, e este ano coincide con eventos deportivos de moito nivel...