Tapas en Burela, Mercado dos Domingos en Ribadeo e ruta de artesanía na Pontenova

La Voz

BURELA

CEDIDA

23 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

En Burela seguen coas tapas como protagonista, con concurso impulsado polo Centro Comercial Aberto que este domingo a mediodía remata. Dez locais serven as súas elaboracións a dous euros. Son Arenal, A Marquesa, A Casa da Avoa, Casa Miranda, Cervecería Kiko, ConXeito, Hotel Nordés, Hotel O Sargo, Palacio de Cristal e Restaurante Sargo.

En Ribadeo hoxe hai outra cita, ao volver os Mercados dos Domingos. No entorno da praza de abastos volveranse a instalar expositores con produtos da terra, de confianza, que xa contan con una fiel carteira de clientes.

E dende A Pontenova vén outra proposta para hoxe, a ruta de artesanía, gratuíta. As 10.30 cun ferreiro e ás 12.30 visitando a aula de interpretación da pesca e os fornos de Vilaodriz. Hai que chamar ó 654 08 98 94.