Segue a festa do Pescados Rubén Burela FS pola Copa da Raíña

s. c. / d. g. LUGO / BURELA / LA VOZ

BURELA

Pepa Losada

O xoves foron recibidas na Deputación e de noite tocou cea coa afición

21 jun 2019 . Actualizado a las 22:20 h.

O presidente da Deputación en funcións, Darío Campos Conde, recibiu o xoves ás xogadoras do Pescados Rubén Burela FSF, que veñen de gañar a Copa da Raíña de fútbol sala. Durante o acto, tamén participou a vicepresidenta do clube, Cesarina Fanega.

A Deputación achegou 20.000 euros para a celebración da XXV edición da Copa da Raíña, que se

celebrou en Burela, o pasado fin de semana, e reuniu aos 8 primeiros clasificados da Liga Foro

16 Feminismo.

Campos Conde destacou «o momento clave que vive o deporte feminino, demostrando cada

día que pode ofrecer a mesma calidade e espectáculo que o masculino. Trátase, así mesmo, dun momento que as institucións non podemos deixar pasar, polo que debemos seguir apoiando e reivindicando a igualdade tamén neste eido».

Hai que lembrar que nesta temporada o equipo masculino do Pescados Rubén Burela FS, conseguiu o ascenso á Primeira División, converténdose no único club de España que conta con equipo masculino e feminino na máxima categoría do fútbol sala nacional. As xogadoras remataron unha temporada de éxitos despois de quedar segundas no

campionato de Liga, son campioas da XIII Copa Galicia, ademais de acadar a súa segunda Copa de España, que por primeira vez levou o nome de Copa da Raíña de Fútbol Sala. O día onte acabou cunha cea no Nordés.