Cea hoxe no Nordés en Burela para celebrar a Copa da Raíña

s. c. BURELA / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

As categorías base do Pescados Rubén tamén tiveron a súa «Copa»

19 jun 2019 . Actualizado a las 21:55 h.

O Pescados Rubén Burela FS celebra este xoves no restaurante do hotel Nordés a cea de celebración da Copa da Raíña conseguida esta pasada fin de semana, como saben, na final diante do Atlético.

A cea de celebración está prevista para as 21.30 no hotel Nordés e a ela sumaranse os afeccionados que se apuntaron previamente para participar desta festa. A cea estará á altura no Nordés: patacas ao pobre con xamón, croquetas caseiras, chipiróns fritos, langostinos e solombo de porco. Bebida e sobremesa caseira con cafés e chupitos. Todo por 25 euros para celebrar unha gran tempada tanto do equipo masculino, que logrou o ascenso, como do feminino, subcampioas da Liga e campioas da Copa da Raíña.

«A Copa dos pequenos»

A I Copa de SM A Raíña non só deixou en Burela un espectáculo de ensoño sobre a pista e unha inmensa felicidade en forma de título, senón tamén un Vista Alegre con outra copa para as categorías de base, con dous torneos e un clínic de porteros, ademais dunha zona de ocio infantil.

Antes das semifinais, o sábado pola mañá a Bomboneira recibiu a Comarcal A Fervenza, Rodiles e Viaxes Amarelle para gozar xunto ás Xoias Laranxas dun cuadranglar na categoría alevín. A cita deu paso a un clínic para pequenos porteir@s, que contou co laranxa Iván Cao, ‘Lucas’, entre o profesorado, xunto a Chipi e Fran Paz, desde A Fervenza, e Carlos Santamaría, do FSF Móstoles.

Finalmente o domingo, o triangular infantil estivo protagonizado por Poio Pescamar FSF, o cántabro Muslera e A Fervenza. Unha gran festa que rematou co título de Copa da Raíña.