Cuando el encaje de bolillos es arte y ayuda a crear más lazos en Burela

Yolanda García Ramos
yolanda garcía BURELA / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

Unas 750 palilleiras participarán este sábado en el evento anual de As Encaixeiras

24 may 2019 . Actualizado a las 23:35 h.

Si entre los lectores y lectoras hay algún aficionado a un arte tan popular y con tantos seguidores, pasen los años que pasen, ligado a la artesanía gallega tradicional como es el encaje de bolillos sabrá a ciencia cierta que en este sábado 25 de mayo Burela acogerá el XII Encontro de Palilleiras que organiza desde hace tantas ediciones la Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras As Encaixeiras. También los que no estén tan al día en el arte de palillar pueden querer saber de la cita, que se convierte año a año en lugar de visita para admirar los trabajos en vivo que realizan esas manos artesanas, la gran mayoría femeninas.

El encuentro burelense será en el puerto. La inauguración, a las 11.30. A las 12.00 habrá una degustación de empanada de merluza cuyo fin principal es dar a conocer un producto fresco emblemático de la lonja. El grupo de baile y canto tradicional Arume ofrecerá una actuación. Y de complemento, exposición de abanicos antiguos de Elena Díaz.

Horario de mañana y tarde. De 10.00 a 13.30 y 16 a 19 horas

«O truco de que o encaixe de bolillos sobreviva? Engancha. A quen lle gusta, víveo e disfruta»

Hai dez anos que Paqui Romo daba os seus primeiros pasos en As Encaixeiras. Lembra que aquela era a cuarta edición do encontro e que houbo un ano de obrigado «descanso» da cita.

-Son 12 edicións xa. Podemos dicir que está súperconsolidada.

-Si, estamos consolidadas. Este ano seremos unhas 750 palilleiras. Imos ter, como novidade, a exposición de abanicos antigos dos séculos XVIII e XIX de Elena Díaz, na que poderemos ver materiais nobles como óso, marfil, carei, nácar, etc... e apreciar tamén os primeiros encaixes coma o de agulla con fíos moi finos, o chantilli, duquesa, bruxelas, francés... ata o de hoxe. Imos ter tamén sombrillas antigas en óso, encaixe de chantilli e marfil e en concha rubia en cor mel. Ao tempo, teremos a nosa exposición, a dos nosos traballos.

-Por dicilo doutra forma, a exposición «da casa».

-Vai ser a caseira, si. A outra mostra é algo distinto, con técnicas que nin coñecíamos e que nós non facemos. A nosa é de encaixe galego e tradicional.

-Por que pervive o encaixe?

-O truco de que sobreviva? Non sei, pero engancha. A quen lle gusta, víveo e disfruta. Atrae.

-Cantos socios hai agora?

-Unhas 120 ou 130 socias.

-Di socias. Pero creo que teñen tamén un neno palilleiro...

-Si, temos un neno de 8 anos que palilla e disfrútao. Hai tamén unha nena de 9 anos. O resto das novas son máis mociñas. A verdade é que hai canteira.

-Como se introduce unha arte así no público infantil?

-Hoxe en día, o que intentas ensinar a un neno é que, por exemplo, unha regra pode facela con encaixe. O regaliño da mamá, por exemplo un moedeiro. Atráelles moito facer o regalo. Tanto grandes como pequenos temos que empezar pola base, facer cousas sinxelas. Pero por sinxelo non quere dicir que non sexa unha labor grande. Hai cousas feitas sinxelas que son bonitas. E non é so facer toallas ou sabas, senón que se poden facer diademas, coleteiros, broches de pelo, carteiras, pendentes, pulseiras... e todo de bolillos. O bolillo é sobre todo imaxinación. Calquera cousa se pode poñer en bolillos. Quen teña so unha idea tradicional do encaixe está equivocado. Hoxe enfócase tamén á roupa e aos detalles. Ves unha árbore... e pódela levar aos bolillos!

-Antes falabamos dos pequenos. Hai pouco falei cunha palilleira de 101 anos, de Viveiro: Isabel.

-Si, a maioría da xente que palilla é maior. Van ás clases para ocupar o tempo pero tamén para falar coa xente, aprender e relacionarse. Son terapias e ao mesmo tempo aconsellan mover as mans no caso de certas doenzas.

La cita burelense sirve también de escaparate a nivel turístico municipal

Otra función del Encontro de Palilleiras de Burela, patrocinado por Concello, Deputación, Absa, Confraría de Pescadores y Fundación Expomar y con la colaboración de la profesora Ángeles Blanco Rega, es la de motivar cierto flujo turístico al municipio en esta jornada, pues las palilleiras inscritas proceden fundamentalmente de Galicia, Asturias y León y algunos vendedores de distintos puntos de la geografía nacional que suman desde la parte comercial del evento (son 26, de artesanía y bolillos que estarán en la Nave de Redeiras). A las visitantes se les facilita el descubrir Burela, mediante la organización de visitas guiadas al Monte Castelo, a la iglesia de Vila do Medio y sus pinturas o al barco museo Reina del Carmen, por ejemplo. Otra forma de darse a conocer es gastronómica, de ahí que todos los años haya degustación de merluza del pincho de Burela. «Moitas veces son da opinión de que cando vas a outros encontros e fas unha viaxe de horas en autocar, unha vez no recinto todo che chama a atención. Pero, ao mesmo tempo, gústache coñecer ese pobo adonde vas e nós sempre, a mediodía, procuramos facer unha visita», señala Paqui Romo, quien da las gracias «ao pobo de Burela por toda a súa colaboración co encontro, porque senón non sería posible».

A mayores, y pensando en los más pequeños, habrá globoflexia y pintacaras por la tarde.