Ramiro F. Rey: «É un honor recibir en Burela a Copa da Súa Maxestade a Raíña»

O concelleiro de Deportes destacou a importancia do torneo para a localidade mariñá


BURELA / LA VOZ

Burela será a sede da XXV Copa da Súa Maxestade a Raíña de Fútbol Sala Feminino, que se celebrará do 14 ao 16 de xuño. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, asegura que é «un auténtico honor e un pracer que a vila fose elixida para albergar este evento».

O edil burelao contou que «no día de onte, a Federación Española de Fútbol elixiu Burela como sede para a final da Copa da Raíña de Fútbol Sala Feminino. Para nós é un auténtico honor e un pracer poder recibir esa competición aquí. Como sempre dixemos, apostamos por campionatos desta índole, non soamente pola repercusión deportiva que ten o propio evento, senón pola repercusión social que ten para toda Burela e incluso para toda a Mariña este tipo de actividades», sinalaba.

O concelleiro de Deportes comentou que «temos que ter en conta que van vir oito equipos a pasar uns días aquí a Burela, con todo o retorno que iso comporta, xa que non soamente virán as xogadoras, senón que tamén virán acompañadas de familiares e seguidores».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ramiro F. Rey: «É un honor recibir en Burela a Copa da Súa Maxestade a Raíña»