O PP quere poñer a Burela «no lugar de referencia que lle pertence na Mariña»

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

08 may 2019 . Actualizado a las 21:39 h.

A agrupación local do Partido Popular de Burela presenta a súa candidatura, con Manuel Rouco á cabeza, «para colocar a Burela en pleno século XXI». O candidato popular á alcaldía asegura que se trata «dunha candidatura formada por veciños e veciñas cheos de ilusión e ganas de traballar pola súa vila».

Os veciños e veciñas de Burela que arroupan a Rouco nesta lista renovada son a enxeñeira de Camiños, Yovana Oroza; o adestrador de fútbol sala, Javier Pardeiro; a supervisora de enfermería, Ana Álvarez; a arquitecta técnica, Natalia Álvarez; a diplomada en turismo, Sonia López; o operario de ABSA, Félix Martíns; os empresarios do sector pesqueiro, Miguel Díaz e Xusto Eijo; o empresario, Pepe Casas; a auxiliar de enfermería, Marina López; e os xubilados Fina Yáñez, Carlos Saa e Felicísimo Baño. A todos eles hai que sumar ao xefe de cirurxía do Hospital da Mariña, Alberto Ramos, e á estudante de Economía, Aitana Rodríguez. Todos completan a candidatura.