Satisfacción no comercio de Burela pola celebración da súa gala anual

«Valoramos de xeito moi positivo este evento e agradecemos a participación de todos os presentes»


burela / la voz

O Centro Comercial Aberto de Burela desfrutou a noite do pasado sábado da súa cea de gala para conmemorar o oitavo aniversario. Hai satisfacción na directiva do CCA por esta celebración e pola asistencia, un cento de convidados.

Ademáis de empresarios e amigos, acudiron ao acto o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e o presidente da FCAM José Carlos Paleo. Máis de 100 persoas asistiron ao evento celebrado no Hotel Nordés e amenizado por Raúl de Jesús Torres, gala que se prolongou ata ben entrada á noite nunha xuntanza con un ambiente lúdico, emotivo e acolledor.

Comezaron repartindo os galardóns, cabe lembrar, a catro empresas asociadas por distintos motivos: Centro de Bienestar Noel López Pinín, como emprendedor novel; Casa Miranda como hostaleiro do ano; Calzados Tomás, a toda unha vida e Efectos Navales Latitud como maior proxección exterior e innovación.

«Desde o CCA Burela agradecemos a participación de todas as persoas asistentes e valoramos de xeito moi positivo esta actividade na que todos os presentes

desfrutaron dunha preciosa velada». Trátase de ir consolidando definitivamente esta gala, que vaia crecendo en cada unha das súas edicións para unir á vez ao pequeno comercio local e emprender iniciativas que fortalezan ao sector.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Satisfacción no comercio de Burela pola celebración da súa gala anual