O Centro Comercial Aberto de Burela celebra a súa gala anual

Será a partir das 21.30 no Hotel Nordés e finalizará cun baile este sábado


BURELA/LA VOZ

O Centro Comercial Aberto de Burela vístese de longo para celebrar na noite deste sábado ás 21.30 a cea de gala que terá lugar no Hotel Nordés. Será unha velada de corte lúdico na que haberá comida, bebida, música e entrega de premios para comerciantes e hostaleiros aos que queren dar un recoñecemento. Será un detalle con empresas asociadas: Centro de Bienestar Noel López, Pinín como emprendedor novel; Casa Miranda como hostaleiro do ano; Calzados Tomás, como toda unha vida; e Efectos Navales Latitud, como maior proxección exterior e innovación. «Estes premios non queren desmerecer ao resto de socios, senón dar un pulo para todos os comerciantes e hostaleiros da asociación», explican.

A cea finalizará cun tempo festivo onde se poderá bailar e charlar. Desde a asociación de comerciantes queren agradecer a confianza dos socios e socias durante estes oito anos e afirman que é un moi bo momento para o colectivo. Queren lembrar tamén que xa son un puntal da sociedade de Burela e que coa súa contribución colaboran para que a vila siga medrando.

Serán premiados Pinín, Centro de Bienestar Noel López, Casa Miranda, Calzados Tomás e Efectos Navales Latitud

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Centro Comercial Aberto de Burela celebra a súa gala anual