Pais e nais demandan o servicio de logopedia en Burela e fisioterapia

s. c. BURELA / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

Días atras, din, deixaron de recibir este servicio que ofrecía unha clínica concertada

16 ene 2019 . Actualizado a las 13:09 h.

Pais e nais demandaron onte o servicio de logopedia e tamén de fisioterapia en Burela, diante da unidade de reclamacións da Mariña desplazada ao centro de saúde de Burela.

«Recollemos a indignación de nais e pais que sufren o abandono do servizo de logopedia pola clínica privada que tiña concerto co Sergas. Moitas nais e pais achegáronse até o centro de saúde de Burela para facer pública a súa indignación polo abandono que desde hai uns días sufren as nenas e nenos que estaban a recibir un tratamento de logopedia por parte dunha clínica privada que tiña concerto co Sergas que deixa de atendelos».

«Dado que o servizo público de logopeda a partir dos seis anos de idade non existe como tal na

comarca da Mariña, o Sergas fixo un convenio cunha clínica privada para ofertar o servizo. Segundo nos contan nais e pais hai uns días avisaron desde esta clínica de que o convenio co Sergas quedaba suspendido por desacordo co mesmo e que deixaban de

atender ás nosas nenas e nenos. Tamén nos dixeron que os historiales marcharan para Lugo», sinalaban desde a unidade de reclamacións.

«Esta indignación pola supresión do servizo vense sumar ao malestar que xa existía na comarca desde hai un tempo pola inexistencia desde hai unha tempada da logopeda de Atención Temperá, que se encargaría da atención d@s crianzas até seis anos de idade».

«A UMAR tamén redactou numerosas reclamacións que demandan a creación do servizo de fisioterapia no centro de saúde de Burela», informaban na xornada de onte desde a mesma unidade de reclamacións.