Zarauza con «Os fenómenos», en Burela

Y. GARCÍA BURELA/LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

15 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Neneta é unha muller que vive nunha furgoneta desde fai tres anos na costa de Almería e ve como a súa paella Lobo desaparece xusto o día no que ía empezar a traballar. Ela ten que recoller o campamento e volverse co seu bebé na furgoneta ao seu pobo natal en Ferrol. Ao regresar todo son dificultades». Este é parte do argumento de Os fenómenos, cinta coa que o cineasta compostelán Alfonso Zarauza acadou dous premios (mellor guión e mellor director) na gala dos Mestre Mateo. Zarauza chegaba onte a Burela para ofrecer a media tarde unha charla sobre a produción cinematográfica acompañado de Carlos Martínez Carbonell. Este último é o produtor, por outro lado, de Arima, filme de Jaione Camborda, que foi gravado recentemente na provincia de Lugo, concretamente en Mondoñedo, na Mariña. É un thriller poético neste caso.

De Camborda proxectouse, sen embargo, a curtametraxe súa A rapa das bestas na tarde de cine burelense que se complementou na Casa da Cultura con Os fenómenos de Alfonso Zarauza.