«O recoñecemento do meu traballo por parte dos clientes é o que me carga as pilas»

María Cuadrado Fernández
M. CUADRADO BURELA / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

Daniel José de Castro, subcampión no Campeonato Gallego de Tiraje de Cerveza

24 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Con nacionalidade portuguesa, confésase «pataqueiro de toda a vida». Así é Daniel José de Castro (Burela, 1993), elixido subcamión do sexto Campeonato Gallego de Tiraje de Cerveza, Certamen Galicia Norte (provincias de Lugo e A Coruña), organizado por Estrella Galicia, que se celebrou o luns en Santiago. Daniel traballa como camareiro na cafetería Vista Alegre de Burela desde hai uns catro anos e é de formación autodidacta.

?Parabéns! ¿Era a primeira vez se presentaba?

?O ano pasado presenteime. Quedei na reserva, pero non participei. Este ano volvínme inscribir, participei...

?E quedou subcampión. ¿Que probas teñen que superar?

?O certame consta de dúas fases: a eliminatoria e a final. Na eliminatoria hai dúas probas: prestar un servizo de tres cañas nun minuto e medio e un servizo de tres botellas de tercio en minuto e medio. Dos 20 inscritos, os cinco mellores pasan á final. E a fase final consta dunha parte teórica e dunha práctica. Na teórica vante chamando á mesa dos xuices e mándanche explicar como sería o servizo perfecto de caña. Unha vez que realicei esa proba pasei ao exercicio: danche dous minutos para servir dúas cañas e un botellín de tercio de 1906 ante a mesa do xurado. Despois tiven que responder a dúas preguntas.

?Polo resultado saiulle ben, pero ¿ía nervioso?

?Non. Ía moi contento, a desfrutar. Intentei estar o máis tranquilo posible. Creo que tiven uns erros que hai que ir pulindo para o seguinte certame.

?¿Volverá a presentarse? ¿Que lle aportan estes concursos?

?Estes concursos son moi importantes, tanto como polo que aprendes nos campionatos como pola repercusión. Divulgar a cultura cervexeira paréceme unha boa iniciativa. Para min foi unha experiencia boa e é totalmente recomendable. Este concurso animoume a presentarme a outros.

?¿Dedicou moito tempo a preparar a súa participación?

?Gustariame investir máis tempo do que investín, sobre todo para a proba do botellín de cervexa. Tiras moitas cañas nunha xornada de traballo, podes practicar este exercicio ben. Pero o do botellín non é tan habitual.

?E agora irá á final...

?Os cinco finalistas pasamos ao certame galego, no que competiremos contra os outros cinco de Galicia Sur. Será o próximo ano no Fórum Gastronómico da Coruña.

?Detrais da barra, constata que somos un país cervexeiro?

?Si, somos un país cervexeiro. Por iso son tamén importantes este tipo de certames de tiraxe de cervexa, xa non só porque se valore o noso traballo, e porque nós melloremos como profesionais, senón porque axudan a ampliar a cultura cervexeira.

?Ser camareiro e recibir un premio... Choveríanlle as felicitacións..

?Recibín moitas felicitacións de amigos, clientes... A parte de todo o apoio nas redes sociais.

?¿Que é o que máis lle gusta do seu traballo?

?O que máis me gusta do traballo e ó trato cos clientes. A hostalería é moi bonita e cando che recoñecen algo, como non hai moito me pasou cun cliente que sempre deixa un regaliño, pois é moito de agradecer. O recoñecemento do meu traballo por parte dos clientes é o que me carga as pilas. O lugar onde traballo é un local moi hogareño, con moi bo trato. Todos somos da casa.