Taller de empoderamento erótico para mulleres hoxe en Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

19 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

En Burela celébrase hoxe un «Taller de empoderamento erótico para mulleres», de calquera vivencia sexual e orientación. Será esta tarde de 17.30 a 21.30 horas no centro de yoga Piluca, na avenida de Arcadio Pardiñas, 165.

Está organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, e para participar hai que pagar unha cota de dez euros (sociais, 5 euros). Colaboran neste taller a Secretaría Xeral para a Igualdade, de Presidencia da Xunta, e a Deputación Provincial de Lugo.

Este taller forma parte da serie «Activismos fronte ao patriarcado».