Xabier Díaz & Adufeiras presentan Noró (Norte) en Burela

La Voz

BURELA

CEDIDA

17 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe •?19.30 horas?•?Casa da Cultura?•?Entrada, desde 10 euros (Biblioteca, Mis en Plas e Ataquilla.com)?• O Día das Letras Galegas chega en formato musical, hoxe a Burela. Aínda que antes do concerto que Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre dará a media tarde, pola mañá o coñecido músico galego impartirá na Caa da Cultura tamén e con carácter gratuito, de 12.00 a 13.00 horas, un obradoiro de canto e percusión «e sen límite de idade». As novas xeracións están de sorte, con esta oportunidade de aprender dun gran mestre coma el. No concerto, estarán acompañados por Javier e Gutier Álvarez para presentar Noró (Norte), o seu útimo traballo discográfico.