«Moitos caboverdianos van a bares e discotecas "de negros" porque
neles pinchan música que lles gusta»

L.R. BURELA / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

Marly Varela De Brito, universitaria e xogadora de baloncesto de Burela natural de Cabo Verde

13 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Marly Varela De Brito (Burela, 1993) ten 24 anos e estuda terceiro de Enxeñería Química na Universidade de Salamanca, ademais de xogar ao baloncesto no equipo universitario, que compite na Primeira Nacional. Antes xogou no Ensino de Lugo, onde estudou un Ciclo Superior de Laboratorio. A súa experiencia tamén deixa claro que a integración real é posible.

-Os primeiros en vir de Cabo Verde a Burela foron os meus avós. Miña nai veu antes de que eu nacera, pero meu pai levaba máis tempo, e antes estivera en Portugal.

-¿Cal é a súa experiencia?

?Ao nacer en Burela xa nunca tiven ningún problema. Meu pai segue sendo mariñeiro e miña nai ama de casa. Somos catro irmáns, dúas nenas e dous nenos. Fun ao colexio do Pilar, en Foz, onde era das poucas nenas negras que había, e alí xogaba ao fútbol e ao baloncesto, facía atletismo e campo a través. Logo estudei o Bacharelato no IES Monte Castelo.

-¿Cre que hai integración?

-Vou a Burela cada mes, mes e medio ou dous meses. Pola noite moitos vexo que moitos caboverdianos van a bares e discotecas ‘de negros’ porque neles pinchan música que lles gusta, africana. Penso que non é porque non se queiran mesturar cos brancos. A integración non é cuestión de relacionarse, é cuestión de coincidir. Eu non falo cunha persoa por ser branca ou negra, senón porque coincido na biblioteca, por exemplo. A xente do fútbol sala fai moitas ceas e lévanse moi ben.