As Anpas de Lugo denuncian os recortes en Educación

La Voz

BURELA

Renovouse a directiva, que será presidida por Belén Díaz, do CEIP As Mercedes

11 mar 2017 . Actualizado a las 20:22 h.

Este sábado, a Federación de Anpas de centros públicos da provincia de Lugo (Fapacel) celebrou a súa asemblea anual. Esta vez o lugar escollido foi Burela, co fin de reunir as numerosas Anpas asociadas da Mariña. Na asemblea tratáronse temas que preocupan ás familias como os recortes de profesorado nos centros educativos, a pouca transparencia e inflexibilidade dos contratos coas empresas do transporte escolar, que son ás veces as que determinan os horarios dos centros, ou que hai Anpas que contratan a maiores un ou dous autobuses para paliar as carencias no servizo da consellería, según denunciaron, e incluso apuntaron: «a situación laboral irregular das nais que colaboran na vixiancia do alumnado nos comedores que xestiona a Xunta directamente»

Entre os asistentes, chegouse ao compromiso de traballar de forma conxunta e coordinada entra as Anpas da Mariña e houbo novas incorporacións á xunta directiva, que quedou conformada da seguinte maneira: Presidenta Belén Díaz Parga do Ceip As Mercedes de Lugo; vicepresidente, Berta Villamor do IES Ollos Grandes de Lugo; Secretario, Froilán Pallín, do IES Sanxillao de Lugo; Tesoureira, Adela Soler de Becerrea; e vogais: Montserrat Cabaneiro de Pastoriza, Pilar Veiga do Courel, Lara Méndez de Currelos- O Saviñao, Isabel Calvete de Cervantes, Antonio Pillado de Cervo, Beatríz Irigoyen de Ribadeo, Geovana Trelles de Burela, e de Lugo: Olalla Radio do Ceip Paradai, Carlos García do Luis Pimentel e Luis Blanco do IES Sanxillao

Os asistentes participaron nunha charla obradoiro impartida por Zeltia Mendez e Lucia Fernandez do Centro Psicopedagoxico CREA titulada Comunicandome con asertividade. Para a clausura contaron co alcalde de Burela, Alfredo Llano, que fixo fincapé na importancia dun ensino público e do papel e implicación das familias no eido educativo para acadar unha mellor convivencia e unha mellor sociedade. A concellería de Turismo ofreceu aos asistentes unha visita ao Barco museo boniteiro.