O Correlingua reúne en Burela a 1.600 estudantes mariñáns

M.C. BURELA / LA VOZ

BURELA

Xaime Ramallal

A localidade acolleu esta mañá unha nova edición deste certame no que participaron alumnos de primaria e de secundaria

05 may 2016 . Actualizado a las 18:42 h.

Burela acolleu hoxe unha nova edición do Correlingua da Mariña 2016, a festa da lingua galega na comarca. O bo tempo animou un acto no que participaron 1.600 estudantes de educación primaria e secundaria dos diferentes centros educativos da comarca. "Foi unha honra acoller o Correlingua deste ano", manifestou o rexedor burelense, Alfredo Llano, quen destacou o bo ambiente, o éxito dos xogos e o elevado número de participantes. Ademais das probas deportivas, houbo teatro, a lectura dun manifesto e música.