Será o domingo 16 de novembro dentro da programación municipal dedicada á loita contra a violencia machista
13 nov 2025 . Actualizado a las 10:03 h.O Concello de Barreiros proxectará o domingo 16 de novembro a película «Prefiro Condenarme», da cineasta galega Margarita Ledo Andión, dentro da programación municipal dedicada á loita contra a violencia machista.
O filme enmárcase no VIII Ciclo de Cine e Mulleres Rurais que organiza o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e consta dunha selección de quince longametraxes e curtametraxes que abordan a vida das mulleres rurais desde diversos ángulos de visión.
A proxección terá lugar ás 18 horas no Centro Sociocultural de San Cosme. É un acto aberto e gratuito para todo o público.