
Tamén adxudicou un segundo lote para desbroces de vías a partir deste mes
04 jun 2021 . Actualizado a las 14:24 h.A Xunta de Goberno aprobou o proxecto e a licitación das obras para renovar un novo tramo da LU-P-0610, a estrada provincial paralela á costa de Barreiros. Con esta actuación, a Deputación mellorará un treito de máis de 2 quilómetros, entre os puntos 1,4 e 3,2, cun investimento de 133.000€.
Nesta vía da Mariña, a Deputación xa investiu 91.000€ para renovar o firme do tramo que vai do quilómetro 3,4 ao 5,4, e só queda un último treito para a súa renovación integral, que quedará completada neste mandato.
A voceira socialista, Pilar García Porto, recalcou que «esta é unha estrada estratéxica para Barreiros e a comarca da Mariña, porque enlaza as praias de Altar e Reinante e a glorieta da praia das Catedrais, dando servizo a numerosos veciños e veciñas e visitantes que se achegan á costa barreirense».