Andaina saudable en Barreiros no día mundial contra o cancro de mama

La Voz

BARREIROS

PEPA LOSADA

Este luns, por un tramo da beira do río Masma, de cinco quilómetros de lonxitude

19 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Barreiros, en colaboración coa asociación contra o cáncer A Mariña, organiza hoxe un acto polo Día mundial contra o cancro de mama. Coa idea de axudar a mellorar a concienciación e dar visibilidade a este tumor maligno, farase unha andaina saudable de cinco quilómetros, con saída e chegada nas escolas de Celeiro. Discorrerá a carón do Masma.